Quen somos

Gonzalo Maceira: Música e son9x6a0823

Cunha dilatada experiencia tanto no eido educativo coma nos escenarios, será o encargado de levar a cabo os proxectos de música, son e informática musical. Podes velo saltando nos escenarios coa súa banda Furious Monkey House, ou facendo o canalla cos seus compis de Tractor Troy.

Toca o piano, a guitarra, o baixo e as castañolas. Ten un concepto do rock´n´roll moi seu, e gústalle máis o ruido que a un mono un plátano. Sempre cun sorriso, estará encantado de facerte vibrar coa toda a enerxía musical que desprende.

 

 

Violeta Mosquera: Música e vídeo

Fanática da batería e do rock´n´roll. Experta na imaxe en movemento. Levará a cabo os proxectos audiovisuais da escola, compaxinándoo coa ensinanza musical. Licenciada en Comunicación Audiovisual, encántalle coller as rendas de todo tipo de proxectos videográficos. Foi a creadora do proxecto Live On Litium e gañou o premio do Público na pasada edición do festival de Cans á mellor dirección de videoclip. Pódela atopar reventando parches e pratos ó longo da xeografía coa súa banda BALA.14258100_1218656008178373_5288241574223818945_o

Dela din que toca moi, moi forte. Gústalle o deporte, así que ela prefire darlle cera á batería que facer pesas ou ir ó ximnasio. Tamén manexa un chisco de guitarra, un pouco de piano…pero o seu sempre serán os paus.

 

Alejandro Gayoso: Música

A este músico autodidacta (AC/DC, Led Zeppelin e ser un adolescente tímido tiveron moito foto-alex-estudo-bonoboque ver nisto) gústalle fozar en todo, dálle calquera cacharro e tentará facelo soar. Así convertiuse nun músico multiinstrumentalista, guitarra de Drama, Unicornibot e Orquesta Metamovida, baixista de Cuchillo de Fuego e batería no seu proxecto actual, Diola.
Nestes últimos anos ven desenrolando a súa metodoloxía de aprendizaxe e experimentación musical en talleres de musicoterapia para maiores, no RockLab, en campamentos musicais de verán, e en clases particulares de guitarra, baixo e batería.
Adicto ós escenarios, leva máis de 200 concertos as súas espaldas, será un dos encargados de orientar ós rapaces cara á formación da súa primeira banda de rock. Tamén ocuparase de achegar xs alumnxs ós instrumentos de corda (guitarra, baixo, ukelele…) ou á experiencia da grabación.
E é o mellor profe do mundo. De veras que si, que ten unha taza que así o di!

Xavi Bértolo: Música

xavipiano2Cunha amplia experiencia como pianista, teclista, sintetizadorista, improvisador e compositor de bandas sonoras, membro de Cró! e director e membro da Orquesta Metamovida, o músico vigués será o encargado das teclas e axudará a sumerxirnos no mundo da improvisación libre e conducida nunhas sesións colectivas que prometen ser moi divertidas.

Licenciado en Jazz no Escola Superior de Artes de Oporto e Licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, o friki do Xavi sorprendranos coa sua particular visión do arte das musas, e introducirános en dimensións musicais ata antes descoñecidas. Éche un tipo majo coma ningún, así que se queres aprender o arte da darlle ás teclas, corre agora mesmo a apuntarte ás súas clases!

Nico Rodríguez: Música e produción audiovisual

Músico autodidacta, graduado en Producción Audiovisual e de espectáculos. Comezou foto-present-2traballando no loco mundo da producción de programas para Mediaset en Madrid mentres seguía medrando como músico nas jam sessions da cidade. De volta en Pontevedra, segue a traballar no ámbito audiovisual coa empresa Producciones Mutantes, pero céntrase na súa carreira como músico tocando e gravando con artistas como Cora Sayers, Sugar Mountain, Malkeda, Querido Extraño, Duques de Monterrey, etc.

Rocío Romero: Teatro

A Rocío Romero, dende pequena, o que máis lle gustaba era poñerse na pel do malo dos He-man, Skeletor, mentres xogaba co seu irmán na casa. Anos despois a realidade superou a ficción e entendeu que xa era hora de darlle vida a eses personaxes. Formouse en diversas escolas de arte dramática coma a ESAD de Galicia (Vigo), Santart (Santiago) Aartistica fb_img_1474566746108(Vigo) entre outras. Cursou obradoiros de clown, comedia da arte, caracterización, actor ante a cámara, pedagoxía teatral, contacontos, cabaré, biomecánica… A súa vocación de actriz compaxinouna sempre coa docencia teatral, conta os contos e programación teatral. Actualmente sobrevive coas súas dúas compañías: Falabaratas, compañía dedicado ao público infantil e Enconarte Producciones  e a súa obra “No es país para coños” dedicado a un público adulto; coa a empresa Turiña, cunha actividade “culturista” (cultura e turismo) e traballa para varias empresas coma programadora cultural. Chega a Estudo Bonobo con ganas de revolucionar as cousas!

Santiago Paredes: Debuxo

Graduado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra en 2011, cursou tamén un Máster en Libro Ilustrado e Animación que rematou con prácticas na escola de banda deseñada profesional O Garaxe Hermético.13737715_10155097761966982_4946301304792539873_o
Dende 2011 ven desenrrolndo a súa carreira profesional como ilustrador e deseñador gráfico realizando numeroso traballos para bandas de rock nacionais e internacionais como The Devil Dogs, Milkyway Express, Foxy Freire ou Furious Monkey House, entre outras, e festivais como Surfing the Lérez ou Armadiña Rock.
Colaborou tamén con publicacións como a revista Luzes ou Diario de Pontevedra, numerosos fanzines auto-editados, e na súa carteira de clientes podemos topar reputadas axencias como Shackleton Group, a produtora Esmerarte ou Abanca.
A partir de 2013 comezou tamén unha relación laboral como artista coa galería Combustión Espontánea de Madrid coa que realizou varias exposicións como: Rock N Roll animal, Playdino ou Wild Mansion.
Como autor de Banda Deseñada, actualmente se atopa traballando nun proxecto para Editorial Planeta, mentres espera a ver publicada a súa primeira novela gráfica “TATTOO” rematada en 2015.

Miguel Vidal: Fotografía e vídeo

De formación autodidacta, Miguel Vidal adícase á fotografía dende fai máis de 20 anos.Aprendeu dalgúns dos máis importantes maestros da fotografía moderna, tales como Antoine D’Agata, Stuart Franklin ou Chris Steele-Perkins (Agencia Magnum).

Inda que empezou estudando electrónica, un día caeu nas súas mans unha cámara fotográfica, e dende entón din que non deixou de mirar polo visor. Convertiuse, co paso dos anos, nun dos fotógrafos máis aclamados de Galicia e de parte do estranxeiro, pois o sue traballo na axencia Reuters permitiulle publicar as súas fotos en periódicos e revistaimg_7573s de tirada nacional e internacional, tales coma  El País, El Mundo; ABC, La Vanguardia, La Voz de Galicia, Sun, Daily Mail, Daily Mirror, Los Angeles Times, New York Times, Washington Post, Time, National Geographic etc. Se pos o seu nome en Google, atoparás centos de fotóns que probablemente viches no seu día nas portadas dos periódicos.

Aclamado fotoperiodista, tamén coquetea co vídeo, levando a cabo múltiples proxectos de videocreación. A súa visión artística do mundo permítelle obter verdadeiras marabillas fotografiando o cotián, e xunto co seu crecente interés polo retrato e a figura feminina catalógase coma unha promesa máis que consolidada do Neopictorialismo.

Rubén Lino: guión e poesía

Rubén ten unha obsesión por contar historias. Xa dende pequeno dedicábase a encher follas en branco sen tan sequera saber nin unha soa letra do alfabeto. El, na súa pequena cabeza de narrador, pensaba que escribía novelas e contos. Isto levouno a cursar a licenciatura de Comunicación Audiovisual e, posteriormente, un máster en guión para así materializar todas as súas ideas en formato película. A realidade rematou por estouparlle na cara e o soño de Hollywood cada vez estaba máis lonxe, así que tivo que dar renda solta a todas as súas ideas en proxectos máis pequenos como, por exemplo, escribir, dirixir e protagonizar a curtametfoto-ruben-linoraxe “Perfil Falso” (chegando a estar entre as máis vistas durante varias semanas no NOTODOFILMFEST 2013), dirixir a curtametraxe “Burbujas” (realizada no Curso de extensión universitaria: “Crise vs. Creatividade: Os novos desafíos do audiovisual galego” pola Universidade de Vigo) e crear, xunto a Manuel Gago, Pablo Lamosa e Daniel Vilaverde, a webserie “POETARRAS”, gañadora do premio á mellor webserie en lingua galega na primeira e terceira edición do Festival Carballo Interplay.
A súa ansia por facerse rico e famoso motivárono a probar en máis campos no ámbito das palabras. O que propiciou a creación dun blog xunto a Sarai Moreira no que mesturan poesía e fotografía chamado “Viño e queixos (http://vinhoequeixos.blogspot.com.es/). Coa escusa, botou uns cantos meses respondendo “POETA” cada vez que alguén lle preguntaba a que se dedicaba. De feito, abría o xornal todos os días pola parte dos anuncios de emprego coa esperanza de atopar un “BÚSCASE POETA. BOA REMUNERACIÓN”, pero ese día nunca chegou. Como último intento desesperado por alcanzar o hall da fama, meteuse de cheo no proxecto musical de Poetarras. Adaptaron o particular humor da webserie convertíndoo en cancións que interpretan actualmente por todos os escenarios da Galiza.
Rubén vén á Estudo Bonobo coa idea de conseguir que os seus alumnos alcancen o soño americano que el non foi capaz de lograr. Iso, ou tamén que deixen de xogar a Pokemon Go e fagan algo de proveito. Ou que lle ensinen a xogar a el se dá cartos.

Lucas Márquez: Música e son

  • Tractor Troy

Iñaki Jáuregui: informática, son e música

Anuncios