QUÉ É ESTUDO BONOBO?

Qué é Estudo Bonobo?

     O Bonobo é un dos primates máis intelixentes e cercanos á especie humana. Estes primates  móvense, xogan e experimentan no seu hábitat natural que é a xungla. A xungla é un lugar, un espazo, un punto de encontro e á vez un hábitat onde conflúen, conviven e interactúan centos, miles de formas de vida que se nutren e alimentan dunha sinerxia única produto da biodiversidade.

     Estudo Bonobo é unha escola de artes na que, actuando coma reflexo do hábitat natural do primate, conviven e mistúranse a música, o teatro, o baile, a interpretación, o debuxo, a fotografía, o deseño e a tecnoloxía: en definitiva, artes escénicas e plásticas.

       A interacción entre estas artes produce un efecto sinérxico no que unhas disciplinas alimentan a outras, obtendo un resultado maior, máis rico e diverso do que obteríamos nun enfoque illado.

      Cremos no poder da arte para cambiar o mundo, e o enfoque multidisiplinar que propoñemos permite a confluenza de todos os aspectos artísticos.

Moito máis que unha escola

Entendemos que a educación non é un privilexio se non unha necesidade, e como tal cremos que unha escola de artes debería ser un punto de encontro onde os colectivos máis desfavorecidos da sociedade teñan un lugar onde poder expresarse e facer escoitar a súa voz a través das artes.

 

Anuncios