Actividades

Estudo Bonobo ofrece unha formación artística integral en diferentes áreas que converxen na realización de proxectos colectivos.Nesta aprendizaxe, ademáis da formación individual e colectiva en instrumentos ou artes plásticas, o contacto coas novas tecnoloxías audiovisuais dota ós rapaces dunhas habilidades que amplian ós seus horizontes artísticos e profesionais


MÚSICA

  • Formación individual en batería, baixo, guitarra, piano e ukelele

    O alumno empeza tocando todos os instrumentos e vaise decantando por un deles, aprendendo a traballar con todos como xeito de apoio.

  • Creación de proxectos e bandas

  • Gravación de cancións e creacións propias

  • Participación nos proxectos de centro

  • Coro

  • Música e movemento

    Enfocado cara os máis pequenos, esta actividade ten como obxectivo o descubrimento musical (De 3 a 5 anos)


ARTES PLÁSTICAS

  • Debuxo e banda deseñada

    Aprende a debuxar en clave de rock dentro dun proxecto de banda deseñada.

  • Obradoiro de artes plásticas mixtas

    Percorre as distintas técnicas e estilos das artes plásticas: modelado, graffitti, pintura…


ARTES ESCÉNICAS

  • Teatro

    Grupos por idades nos que se traballan os xogos dramáticos, expresión corporal, interpretación xestual e textual, escenografía, voz e indumentaria. De 3 anos en adiante.

  • Ballet

    Unha nova forma de entender a danza clásica misturada coa música moderna. A partir de 3 anos.

  • Hula-Hop

    Exprésate a través da danza en movemento circular. A partir de 5 anos.


AUDIOVISUAIS

  • Fotocreación

    Se che interesa a fotografía, aproxímate a este apasionante mundo comezando por entender a túa cámara e desenvolvendo o teu sentido artístico. De 10 a 12 anos.

  • Da foto ao vídeo

    Neste taller, os alumnos aprenderán diferentes técnicas da imaxe e a comunicación partindo da fotografía e rematando na producción de vídeo. De 11 a 13 anos.

  • Fotografía artística

    Se xa sabes de que vai isto, só che queda mellorar. Profundiza nos teus coñecementos e convértete no próximo Anton Corbjin! A partir de 14 anos.

  • A arte das palabras

    O mundo da expresión escrita é apaixonante. Gústache escribir? Este é o teu sitio! De 8 a 10 anos

  • Poesía e rock´n´roll

    Se o teu son os versos, pode que teñas dentro a chave para escribir as cancións do século xx. Non agardes máis e vaille sacando punto ó lapis. De 11 a 13 anos.

  • Direción de cine e punk

    Se eres un fanático da sétima arte, comeza a dirixir proxectos audiovisuais e que temble Scorsese. De 14 anos en adiante.

 


 

 

Anuncios